DocumentStandards/gl
From Document Freedom Day
O Document Freedom Day centrase no Open Document Format (ODF) porque é o único estándar aberto común para todos os formatos de documentos empregados na oficina, por exemplo o formato de edición e impresión de documentos, follas de cálculo e presentacións. Está certificado pola ISO (Organización Internacional de Normalización, ten máis información na seguinte ligazón: http://es.wikipedia.org/wiki/Estándar_abierto).
Outros formatos
Outros formatos foron propostos para a súa inclusión pero, ou non cubriron o mesmo campo de funcións ou non se poden calificar como un Estándar Aberto, tales como:
- Texto plano é o termo xenérico para o texto sen formato. Se non precisa formatar o seu texto, gardalo e distribuílo como texto plano é o ideal. Non insistimos co texto plano porque cremos que a maioría dos usuarios desexan darlle formato aos seus textos.
- Rich Text Format (RTF) é un formato desenvolvido e publicado por Microsoft. Non se coñecen problemas legais pola implementación de RTF, pero o formato continúa sendo modificado por Microsoft e falla na definición de Estándar Aberto nos termos do proceso de participación. Ademáis RTF non cobre as follas de cálculo e as presentacións.
- Formato de Documento Portable (PDF) é un ficheiro de esquema non modificábel creado por Adobe que conta con varias versións. Algunhas delas permiten a edición interactiva, e algunhas non o permiten (por exemplo: PDF/A). Algunha destas versións non están dispoñíbeis e outras ofrecense baixo os termos da RAND, que non é aceptada coma un Estándar Aberto. PDF ademais tampouco cobre as follas de cálculo e presentacións.
- MS-OOXML é o formato que máis se semella ao ODF en funcionalidade, pero carga cun gran problema ao non cumprir os Estándares Abertos de varias maneiras, incluíndo un estado legal alén da inclusión de e referencia a tecnoloxías propietarias. Estas son algunhas das numerosísimas sinaturas ao formato propietario que só Microsoft pode implementar completamente.
- SyncML é un formato para a sincronización de información entre distintos dispositivos. Podemos definilo coma un Estándar Aberto, pero non está pensado para documentos.
Formatos multimedia
Os formatos multimedia comúns están pexados con patentes de software. Estes son algúns dos códecs multimedia libres:
- Vorbis é un códec audio cunha calidade comparábel ao formato coñecido mp3, pero que é totalmente libre de patentes. Ademáis cada vez máis servizos da Internet o empregan como base dos seus sistemas.
- Theora é un códec de vídeo que está libre totalmente de patentes. Hai actualmente unha discusión se o seguinte estándar HTML debería contar cun formato multimedia libre predeterminado e esta é a Petición da W3C para elixir Theora.

