Open Standards/gl

From Document Freedom Day

Contents

Antecedentes

Os estándares abertos son esenciais para a interoperabilidade e a liberdade de elección baseada cas capacidades do diferentes aplicativos de software. Provén a liberdade dos datos e evitan o consecuente encadeamento co provedor. Esto fai aos estándares abertos esenciais para gobernos, empresas, organizacións e usuarios individuais das TI (Tecnoloxías da información). Mentres que os estándares abertos son xeralmente acordados como unha cuestión moi importante e obxectiva, a definición de "estándares abertos" aínda é algo controvertida.

Para os efectos do Día da Documentación Libre, a nosa comprensión do que significan os estándares abertos é que o estándar sexa:

  1. suxeito a avaliación completa e uso público, sen constrinximentos, de forma igualmente dispoñíbel para calquera;
  2. sen compoñentes ou extensións que teñan dependencias de formatos e/ou protocolos que atender que non concorden cos estándares abertos;
  3. libre de cláusulas legais ou técnicas que limiten a súa utilización por calquera parte ou en calquera modelo de negocio;
  4. xestinados e desenvoltos de xeito independente a calquera fornecedor único nun proceso aberto para a igualdade de participación de competidores e de terceiros;
  5. dispoñíbeis en múltiplas implementacións a través de vendedores competidores, ou comou unha implementación completa dispoñíbel de forma igualitaria para todas as partes.

Cun período de graza respecto do quinto punto para os "estándares emerxentes".


¿Qué significan os estándares abertos para vostede?

Os efectos visíbeis dos estándares abertos son que pode:

  • Elixir calquera sistema operativo ou aplicativo e aínda sería quen de ler e editar todos os seus documentos antigos.
  • Colaborar cos demais, independentemente do software que están empregando.
  • Empregar calquera software da súa elección para interactuar co seu goberno.

Os efectos menos visíbeis dos estándares abertos é que supoñen:

  • unha maior competencia no software, o que redunda en mellor prezo e servizo
  • aumento da competencia no hardware, dando lugar a solucións máis innovadoras e rentábeis
  • baixar os impostos como resultado de solucións gobernamentais de TI máis eficaces que eviten a dependencia tecnolóxica

Máis información sobre estándares abertos


Traducións:

Alemán Castelán Catalán Noruego Português

Personal tools